Evolución da Poboación da Pobra ( Finais S XVI – 2009 )

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN DA POBRA DO CARAMIÑAL

(FINS S XVI – 2009 )

Preme na imaxe

 

EVOLUCION POBOACION POBRA DO CARAMIÑAL

EVOLUCION POBOACION POBRA DO CARAMIÑAL ( Autor: Xosé F. Maneiro )

 

 

 

 

A POBRA DO CARAMIÑAL

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN

FINS S XVI – 2009

Fins S XVI [ 3 ] 1842 [1] 1857 [2] 1860 [1] 1877 [1] 1887 [1]
Poboación de Feito 2000 .. 5186 5136 5903 6168
Poboación de Dereito 4656 .. .. 6089 6242
Fogares 550 979 1162 1194 1593 1568
1897 [1] 1900 [1] 1910 [1] 1920 [1] 1930 [1] 1940 [1] 1950 [1]
Poboación de Feito 6193 6540 7506 8584 8784 8337 8010
Poboación de Dereito 6330 6711 7796 9723 10338 9081 8740
Fogares 1794 1702 1824 2319 2329 1832 2404
1960 [1] 1970 [1] 1981 [1] 1991 [1] 1996 1998 1999
Poboación de Feito 7449 8165 9813 9863 10165 10082 10066
Poboación de Dereito 8985 8697 8408 10390
Fogares 2099 2630 2579 2863
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006
Poboación de Feito 9995 10035 10006 10010 9992 9951 10001
Poboación de Dereito 9972
Fogares 3024
2007 2008 2009
Poboación de Feito 9923 9934 9878
Poboación de Dereito
Fogares
[1] Nestes Censos denominábase Puebla del Caramiñal
[2] Neste Censo denominábase Caramiñal e Puebla
[3] Valores aproximados para o conxunto das vilas de Deán e Caramiñal-Xobre

Fontes:

  • Instituto Nacional de estadística ( Censos e Padróns Municipais )
  • Daniel Bravo Cores, Apuntes Históricos I, La Voz de Galicia, 3-9- 1991:

Autor: Xosé F. Maneiro

A Pobra do Caramiñal no mapa de Teixeira ( 1634 )

Pedro Texeira (1595-1662),  é o autor  da maior obra cartográfica coñecida  no século XVII en España: «La descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos», de 1634, feita por encargo de  Felipe IV, o Rei Planeta.

O encargo  de Felipe IV a Pedro Texeira tiña un fin moi claro, facer unha descrición precisa e completa das costas de España, dos seus portos, das súas cidades máis importantes, e incluso das antigüedades e historia.

O Atlas consistía en 173 páxinas, con 116 imaxes a toda cor de mapas de España e do mundo, así coma os escudos dos seus reinos, provincias e señoríos. Entre as imaxes figuran 11 de Guipúzcoa; 5 de Biskaia; 5 de Castela; 9 de León; 19 de Galicia; 21 de Portugal; 16 de Andalucía; 2 de Murcia; 5 de Valencia e 7 de Cataluña.

Preme nas imaxes

A Pobra no mapa de Teixeira ( 1634 )

A Ría de Arousa no mapa de Teixeira ( 1634 )

A Pobra do Caramiñal no Diccionario Madoz

O “Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar” publicada por Pascual Madoz entre os anos 1845 -50 en 16 volumes- coñecido coma Diccionario Madoz – analiza todas as poboacións de España naquela época.

Prema nas imaxes

Caramiñal no Diccionario Madoz

 

Puebla del Deán no Diccionario Madoz

Puebla del Deán no Diccionario Madoz

 

Puebla del Deán no Diccionario Madoz

Puebla del Deán no Diccionario Madoz

CRONOLOXÍA

CRONOLOXÍA

  • Fundación da vila da Pobra: entre 1177 e 1226:

o   1177: o Arcebispo de Santiago, don Pedro Suárez de Deza, concede ó Deán Presidente do Cabildo, entre outras, as terras dos Arciprestazgos de Postmarcos de Arriba e de Abaixo, que viñan coincidindo co territorio do Barbanza.

o   1226: o rei de León Alfonso IX realiza unha visita á vila da Pobra.

  • 1ºs S XV: foro concedido polo Mosteiro de San Paio os nobres da casa de Xunqueiras sobre a vila de O Caramiñal.
  • 1448: concesión do permiso de carga e descarga de mercadorías por parte do Concello de Padrón á Pobra do Deán”
  • 1448: permiso de don Juan de Pastor, abade do Mosteiro de San Paio de Antealtares para o trasladodo Mosteiro da Miserela.
  • 1487: o Papa Inocencio VIII otorga o señorío xurisdiccional de A Pobra ó arcebispo de Santiago
  • 2ª ½ S XV: pleito do arcebispo de Santiago Fonseca co Deán da Pobra.
  • 12 de outubro de 1496: sentenza da Real Audiencia pola que quedou definitivamente zanxado cun saldo favorable para os veciños, a intención do deán don Pedro de Muros de que estes reconstruiran ás súas espensas a antiga fortaleza-pazo dos deáns derrubada nas revoltas irmandiñas de mediados de S XV
  • 1537: renovación do foro sobre O Caramiñal os nobres de Xunqueiras – don Ares Pardo das Mariñas – unha vez que se uniron os mosteiros de San Paio co de San Martiño Pinario.
  • 1537: “mayorazgo” do señor de Xunqueiras, don Ares Pardo das Mariñas.
  • 9 de setembro de 1554: os pescadores dos diferentes portos e vilas das ribeiras de Arousa se asociaron na Confraría dos Gremios do mar que posuía as súas propias ordenanzas e, tras pleitear coa poderosa Confraría do Corpo Santo de Pontevedra, conseguirían finalmente o recoñecemento dos seus dereitos na Ría de Arousa.
  • ½ SXVI: Torre de Bermúdez
  • 1565; pleito do arcebispo de Santiago Gaspar de Zúñiga sobre o señorío e dereitos do Deán compostelán sobre a Pobra do Deán.
  • 1569: tumultos en contra dos abusos do xuiz Juan de Fajilde
  • 1575: alborotos por unha decisión do xuiz Mateo Luis
  • 1593: as compañías de cerco e secada formábanse nunha e outra vila por separado, de xeito independiente, sen que os mariñeiros da vila do Deán poidesen participar nas compañías do Caramiñal e viceversa, o que daría lugar a diversos litixios.
  • 1597: “…Su pinaza- navío de don Gabriel Fontaíña, propietario e capitán – nombrada Santo Antonio surta en la concha y ribera desta dicha villa…”
  • Fins S XVI: 550 veciños ou cabezas de familia ( uns 2.000 habitantes ) vivían no núcleo urbano composto polas vilas do Deán e Caramiñal-Xobre ( por aqueles tempos constituían unha soa feligresía).
  • 1604: Pleito promovido polos vecinos do Caramiñal contra os do Maño, rexistrado polo escribano don Juan Mariño. O motivo da discordia foi o reparto do Servizo Ordinario e Extraordinario, imposto consistente nuha cantidade fixa que cada poboación pagaba á Facenda Real cada tres anos. Na Xurisdicción de Xunqueiras e vila do Caramiñal, o importe destes tributos ascendía a 8.112 maravedís que se repartían aportando os veciños do Couto do Maño a cuarta parte e os do Caramiñal a porción restante.Ao ir menguando a poboación da vila, e con ilo o número de contribuintes, mentres permanecían fixas as cantidades a ingresar no Tesouro, os veciños do Caramiñal víronse obrigados a pagar sumas maiores por este tributo e intentaron que a contía asignada á feligresía Xobre-Caramiñal se repartira individual e equitativamente entre todos os veciños, o que supoñía a ruptura da tradición do reparto proporcional.
  • 1605: ano no que desempeñou a alcaldía  Alberte Millares, sucesivas protestas veciñais canalizadas polo procurador xeral Juan de Bermo i Ageitos motivaron que o gobernador capitán xeral do Reino de Galicia e os oidores da Real Audiencia da Coruña lle chamáran á orde e inhabilitaran a Felipe Paz, notario e xenro do alcalde, para dar fe dos autos nas actuacións do deu parente
  • 1606: tumultos polos abusos do alcalde Alberte Millares, secundado polos rexidores Antón López e Gómez Rodríguez.
  • 1606: a escritura notarial do escribano don Juan Mariño danos conta do aparello e pertrechos das dornas e o seu valor respectivo
  • 1607: Cardenal don Jerónimo del Hoyo : Memorias del arzobispado de Santiago
  • 1608 – 1611: constución do desaparecido pazo ordeado construir por don Diego, e realizado polos mestres mateo de Cubas e Antonio García.
  • 1737: O Caramiñal constituese en parroquia.
  • 1751: informe do cronista Miguel Joseph González Soldado e Romero
  • 1753: no catastro de Ensenada os veciños de A Pobra declaran que a vila é señorío do Deán, a quen lle pagaban en recoñecemento do señorío 220 reais ó ano.
  • ½ S XVIII: construción da Casa da Cadea, a antiga prisión da vila do Caramiñal
  • 1822: primeiro intento – fracasado – de unificación das dúas vilas de O Caramiñal e Santiago da Pobra do Deán nun só concello.
  • Década de 1830 – posiblemente en 1835,  Real Decreto de 23 de Xullo “para el arreglo provisional de los ayuntamientos del Reino”- : unificación definitiva das dúas vilas nun só concello co nome de “ Puebla del Caramiñal “

AS VILAS DO CARAMIÑAL E POBRA DO DEÁN ANTES DA FUSIÓN

AS VILAS DO CARAMIÑAL E POBRA DO DEÁN ANTES DA FUSIÓN

Autor: Daniel Bravo Cores ( La Voz de Galicia, 14-9-1991 )

Na década de 1830 tivo lugar a fusión de dúas antigas vilas, O Caramiñal e Santiago da Pobra do Deán, nacendo así un novo municipio ó que se lle asignou o nome oficial de “Puebla del Caramiñal” . Esas vilas tiveron ata entón paralela pero ben distinta. Imos hoxe a tratar de desvelar como foron os primeiros pasos na historia destas dúas vilas tran cercanas. A documentación de que dispoñemos actualmente permítenos precisar con certa exactitude a orixe da vila fundada polo Deán da Catedral de Santiago de Compostela, en tanto que polo que respecta a O Caramiñal ainda quedan algúns asuntos escuros. ¿Cal é o momento en que a Pobra do Deán escomenza a súa andadura histórica con carácter de vila?

Hai que partir do feito de que o cárrego de Deán do Cabildo non se crea ata a segunda década do S XII, e polo tanto a súa orixe non pode ser anterior. O segundo dato que nos aproxima ó tempo da fundación desta vila é que no ano 1177 o Arcebispo de Santiago, don Pedro Suárez de Deza, concede ó Deán Presidente do Cabildo, entre outras, as terras dos Arciprestazgos de Postmarcos de Arriba e de Abaixo, demarcacións eclesiásticas que viñan a coincidir aproximadamente co territorio da comarca de O Barbanza. Podemos, polo tanto, considerar ese ano, 1177, como om límite máis antigo para a datación do necemento da vila.

 

Afonso IX, Rei de León

Afonso IX, Rei de León

Por outra parte, o primeiro documento coñecido ata hoxe no que consta expresamente o nome da vila en lingua romance remóntase ó ano 1226. En efecto, nese ano o rei de León en persoa, don Afonso IX, realiza unha breve visita á nosa vila e aquí mesmo redacta un documento en latín que finaliza: “ Datum apud Sanctum Jacobum de la Pobla, VI Marcii era MXXLXIIII”, publicado polo catedrático Julio González na súa colección de diplomas de Afonso IX ( a datación en eras ten 38 anos de adianto con respecto ó noso calendario: era 1264 é igual a ano 1226 ).

Por iso, hai que pensar que avula da Pobra foi credad polo Deán de Santiago entre os anos 1177 e 1226, ainda que probablemente nesta derradeira data xa tivese varios anos de existencia e unha certa importancia coma núcleo urbán, o que explicaría a visita do monarca.

A súa fundación tería así lugar en pleno reinado de Afonso IX, un soberano que se caracterizou precisamente polo impulso que deu á creación de concellos en todos os seus reinos,e inscríbese así no contexto histórico do florecemento urbán do litoral galego que daría lugar a multitude de vilas e portos nos séculos XII e XIII.

A asignación da terra de Postmarcos ó Deán, e a creación a iniciativa deste da vila de A Pobra, supuxo asimesmoa constitución sobre todo este territorio do señorío eclesiástico dos Deáns, señorío territorial e xurisdiccional, é decir, señorío pleno.en virtude deste señorío, os seus titulares quedaban facultados para arrendar ou aforar terras, cobrar rendas, tributos e dereitos de señorío, nomear ós principais cárregos para a dministración da vila, impartir xustiza con competencias civís e criminais, etcétera.

O señorío dos deáns sobre a vila de A Pobra sería cuestionado ó longo dos anos, desde arriba polos propios arcebispos

Inocencio VIII

Inocencio VIII

e. desde abaixo, polos veciños da vila, debido ás cuantiosas utilidades económicas que a súa posesión implicaba. Contra vento e marea, incluso contra as disposisións do Papa Inocencio VIII que en 1487 otorgou o señorío xurisdiccional de A Pobra ó arcebispo de Santiago, os deáns consevaríasn “de facto” o seu señorío ó longo dos séculos medievais e modernos. Multitude de documentos aluden constantemente ós deáns coma señores de A Pobra, pero baste citar ó cardenal Jerónimo del Hoyo que a finais do XVII di: “Esta villa es de los señores deanes de Santiago”, o deán don Fabián Pardiñas Villardefrancos que a principios do XVIII se autotitulaba “Dueño y señor de la villa que llaman del Deán con su jurisdicción civil y criminal, merom mixto imperio”, ou a testemuña dos veciños de A Pobra que no catastro de Ensenada do ano 1753 declaran que a vila é señorío do Deán, a quen lle pagaban en recoñecemento do tal señorío 220 reais ó ano.

A vila de Deán chegaría a ser, nos derradeiros séculos medievais, un próspero, populoso e, plo tanto, importante núcleo de poboación que rivalizaba en todos os sentidos con outras vilas de tanto renome naquela época coma Padrón ou Noia, núcleos moi ligados entón a Compostela.

Esta prosperidade, intimamente conectada coas actividades mariñeiras, chegaría ó seu máximo esplendor no século XV, e sen dúbida un dos fitos principais cara este progreso foi a concordia ou avinça – coma din no documento –á que se chegou o 9 de outubro de 1448 entre as vilas de Padrón e Pobra. Por este acordo, o concello de Padrón otorga permiso ós apoderados de “Juan d’Astorga, alcalde e Juan Duran, etcétera e o concello e homes boos juntos segundo que han de uso e costume sua diveira da vila da Pobra do Deán….”, para “ … que en todo sempre posan cargar e descargar e carguen e descarguen suas mercaderias de pescados que mataren e mercaren … con condiçon que eles e qualquer deles e seus subcesores veñas a cdita vila de Padron a demandas licencia para a dita carregaçon e descarregaçón … e debemos e paguemos en cada un ano por dia de navida da Nascensa de Jesu Chrito a o Concello de Padron, dentro ena dita vila, mill e oitosentos maravedís de moeda vella”. Este convenio serviu para reanimar a pesca na vila de A Pobra, e indudablemente del tamén se beneficiaría O Caramiñal, que desde entón pudo exportar sardiña.

 

Mosteiro da Miserela

Mosteiro da Miserela ( Foto José Barbanza )

Dentro deste proceso de expansión e consolidación da vila urbana nestas terras, hai que entender o traslado do Mosteiro da Miserela, ubicado nun liuhgar abrupto e inhóspito, lonxe das prósperas vilas – feito típico nos anteriores séculos definidos polo ruralismo – a outro emprazamento máis seguro e accesible, e máis en consonancias cos novos tempos da época moderna. Domínguez Fontán proporciona un documento que ratifica o que decimos, no que don Juan de Pastor, abade do Mosteiro de San paio de Antealtares concede en 1448 o permiso para o traslado:”…Assi por ser montaña bravía y desierta como por estar desviado de las gentes, no poder ser oydos ni socorridos en algun robo o caso fortuito que les podia acontezer…, porque mejor se puedan servir de sus nezesidades, y por eso mismo porque en los eervicios expirituales mejor puedan consolar al onrado Conzejo da Pobra…”.

A vila de O Caramiñal

As orixes da vila de O Caramiñal presentan lagoas máis serias. En contra das aseveracións de Domínguez Fontán, a súacategoría de vila entendida como núcleo urbán na época medieval é máis que

SANTA MARÍA DO XOBRE

SANTA MARÍA DO XOBRE

dubidosa, e en calqueira caso a súa entidade e importancia como tal era moito menor que a vila colindante. De feito, ata moi tardiamente – concretamente ata o ano 1737 – non constitue unha parroquia, non ten polo tanto Igrexa propia e os seus veciños eran feligreses de Santa María do Xobre. A maior abundamento, no “mayorazgo” quer o señor de Xunqueiras, don Ares Pardo das Mariñas, institúe en 1537, menciónase entre as súas posesións: “La feligresía de Santa María del Jobre e lugar del Caramiñal…”; e o cardenal Jerónimo del Hoyo en 1605 di:”…Es un opertesico destas riberas del mar…”.

Probablemente, ata o século XV se trataba dunha vila entendida no sentido medieval de pequeño conxunto de edificacións rurais, e a partir de entón ó compás da prosperidade traida polas actividades pesqueiras, adquiriu fisonomía urbana co apoio tamén dos señores das Xunqueiras que se víasn directamenmte beneficiados co despeque económico da súa vila. Indubidablemente, coma expoñeremos en posteriores traballos, no século XVI a vila de O Caramiñal era xa un núcleo con clara apariencia urbana.

Asentada no arciprestazgo de Postmarcos de Arriba, demarcación territorial concedida polo arcebispo Suárez de Deza ó seu Deán, como xa dixemos ó falar de A Pobra, inicialmente o seu territorio estaba tamén sometido ó señorío dos deáns. Sen embargo, a falta de documentación desa época impídenos coñecer o proceso ó través do cal o Mosteiro de San Paio de Antealtares detentaba o señorío sobre o lugar nos derradeiros séculos da Idade Media.

O certo é que a partir do 1400, o antedito mosteiro era o propietario do señorío de O Caramiñal, así como outros territorios próximos coma os Coutos de Corrubedo e Teira, os de deán e Martín de Riveira, Espiñeirido, parte de Lesón, de Palmeira, de Xuño, etcétera. E todas estas terras e a súa xurisdicción civil e criminal se cederon mediante foro ós señores da Casa de Xunqueiras, que a partir de entón detentan ese señorío.

Posteriormente, unha vez que se fusionan o Mosteiro de San Paio co de San Martiño Pinario, sería este último o que renovaría o foro a don Ares Pardo das Mariñas, señor de Xunqueiras en 1537.

Ó igual que temos visto cando estudiamos o caso de A Pobra, a posesión do señorío facultaba ós seus titulares para arrendar ou aforar as terras, cobrar rendas e contribucións, impartir xustiza, nomear ós cargos públicos como alcaldes, rexidores, escribanos, alguaciles, etcétera… e o dereito de patronazgo sobre as parroquias do seu territorio en virtude do cal nomeaban nelas ós párrocos ou rectores, pero ó contrario do que sucedía en A Pobra, o señorío de Xunqueiras nunca foi discutido e o seu réxime sería máis riguroso que o do señorío dos deáns como xa temos explicado nun artigo anterior.

OS ABUSOS DUN ALCALDE CAUSAN TUMULTOS NO XVII

OS ABUSOS DUN ALCALDE CAUSAN TUMULTOS NO XVII

No 1624 recoñecéronse os dereitos veciñais

Autor: Daniel Bravo Cores ( La Voz de Galicia, 18-5-1989 )

Cando os dereitos dos pobrenses, conseguidos pola forza do costume, eran iñorados polos señores deáns ou polos notables da vila con decisións arbitrarias ou ilegais, os veciños adoitaron posturas de loita que en ocasións derivaron en verdadeiros tumultos. Foi o que secedeu no ano 1569, co gallo dos abusos do xuiz Juan de Fajide, ou no 1575 despois dunha decisión doutro xuiz, Mateo Luis, xerándose serios alborotos. Pero o caso máis clamoroso tivo lugar no ano 1606, cos abusos do alcalde Alberte Millares, secundado polos rexidores Antón López e Gómez Rodríguez.

Ao longo do ano 1605, no que desempeñou a alcaldía, Alberte Millares, sucesivas protestas veciñais canalizadas polo procurador xeral Juan de Bermo i Ageitos motivaron que o gobernador capitán xeral do Reino de Galicia e os oidores da Real Audiencia da Coruña lle chamáran á orde e inhabilitaran a Felipe Paz, notario e xenro do alcalde, para dar fe dos autos nas actuacións do deu parente.

Os desmáns do alcalde culminaron cando ó término do seu mandato tentou de impoñer como alcalde e rexidor a Lorenzo de Villamoura e a Gómez Rodríguez, respectivamente, rexeitando os mecanismos electorais e os costumes vixentes. Así, o día primeiro de 1606, reuníronse os veciños da Pobra co procurador xeral e co rexidor Juan de Noya para elexir aos seus representantes municipais.

“Llegados el alcalde D. Alberte Millares – segundo o relato de fe recollido – y el regidor D. Gómez Rodríguez, y con ellos D. Francisco Martínez, escribano y padre del D. Gómez Rodríguez y regidor que ha sido desta villa (…) y sin más tratar ni concordar con los demás oficiales y vecinos desta villa de las personas que conbenían y eran mas suficientes para los dichos oficios, dixeron que nombraban por alcalde a D. Lorenzo de Villamoura y a D. Gómez Rodríguez, hijo del dicho D. Francisco Martínez escribano que venía para dar fe del dicho nombramiento”.

Ante os feitos e as actitudes, o procurador xeral e os veciños opuxéronse argumentando que non se respetaban os costumes de concello aberto, e que ademáis eran persoas inhabilitadas para a tarefa por tela exercida recentemente e sen dar conta da súa xestión municipal, e porque as súas actuais profesións eran incompatibles cos cargos.

“ Y aunque esto se les dixo – segue o documento da época – mui comedidamente el sobredicho Alberte Millares se amuinó en gran manera diciendo que el Villamoura y el Gómez Rodríguez y los demas que él quisiera avían de ser alcaldes e regidores sin tomar para ello parecer ni boto del dicho Juan de Bermo ni Juan de Noya ni de los demás vecinos y concejo, y con esto se abían salido del dicho consistorio”.

O texto segue así: “ Y aunque se había pedido y requerido en nombre de la dicha villa concejo y vecinos por muchas veces al dicho escribano Francisco Martínez, este dixo e negó por muchas veces que no era tal escribano ni quería dar fe, sin embargo de que se le esperase desde oras del mediodia asta ahora que son las nueve y media de la noche por más o menos”.

Non é moi difícil imaxinar, en base a documentación, os acontecementos que se sucederon despois da actitude de Alberte Millares. Por todo o narrado e pola reacción dos veciños, dedúcese que os usos e costumes ao efecto estaban profundamente arraigados na Pobra do Deán e, co paso do tempo, os costumes foron consolidándose coma leis, xerando un dereito consuetudinario. Dende a catedral compostelana asegurouse a continuidade do concello aberto.

NO CARAMIÑAL REXÍA UN NOBRE E NA POBRA DO DEÁN, UN CONCELLO

NO CARAMIÑAL REXÍA UN NOBRE E NA POBRA DO DEÁN, UN CONCELLO

Séculos despois, as dúas vilas uníronse baixo unha mesma entidade

Autor: Daniel Bravo Cores ( La Voz de Galicia, 17-5-1989 )

Como ben é sabido, a actual vila da Pobra do Caramiñal é o resultado da fusión – nos anos trinta do S XIX- das antigas vilas do Caramiñal e Santiago da Pobra do Deán; aquelas poboacións e máis as parroquias de San Isidro, Lesón e Santa María do Xobre, configuran a fisonomía e xeografía do actual concello pobrense. A organización municipal das dúas vilas orixinarias é o resultado dun longo proceso iniciado dende a súa funfación, alá polos albores do S XIII, no que se foron conformando unha serie de usos, costumes e leis que no S XVII estaban xa plenamente cristalizados. Porén, a organización dos seus respectivos concellos era distinta porque distintos eran tamén as orixes.

Mosteiro de San Martiño Pinario

Mosteiro de San Martiño Pinario

A vila do Caramiñal, que inicialmente pretencía ó mosteiro de San Paio de Antealtares, e despois a San Martiño Pinario, tiña coma señor directo ó nobre da Casa de Xunqueiras, a quen cederán dereitos en foro os anteditos mosteiros, xunto con outras poboacións da zona, coma Corrubedo, Xuño e O Xobre.

A vila do Caramiñal non terá categoría de núcleo urbán ata o S XV, co auxe xeral das actividades mariñeiras; a partires de entón, O Caramiñal será potenciado polos seus señores directos. Xunto a súa transformación, de sinxelo “lugar” a vila con perfís urbáns, no Caramiñal foise configurando unha organización municipal do seu concello que sempre estivo controlada polos titulares de Xunqueiras.

Os nobres, en base ó foro concedido polo Mosteiro de San Paio nos comenzos do S XV, e renovado en 1532, dispoñían de “ todo el señorío y vasallaje e jurisdicción cibil e criminal”, di textualmente o texto; e tiñan plenos poderes para o nomeamento dos diferentes cargos municipais: o chamado “ xustiza”, os rexidores, escribanos e mesmo os párrocos, ademáis doutros.

Os nomeamentos solían recaer en persoas da súa absoluta confianza. O poderío e o prestixio de homes coma esteban de Xunqueiras, Ares Pardo das Mariñas, e demáis titulares que foron da Casa de Xunqueiras, explica que na vila do Caramiñal nen mopsteiros nen arcebispos, nen os propios veciños cuestionasen nunca a súa autoridade. En definitiva, a vila foi un modelo de organización colectiva que os historiadores chaman un “señorío pleno”, e os dereitos e autonomía dos seus habitantes sempre foron moi limitados.

Catedral de Santiago

Catedral de Santiago

A vila de Santiago da Pobra do Deán presenta un modelo ben diferente. Foi fundada polo Deán da catedral de Santiago, entre os anos 1177 e 1226.  A Pobra convertiriase nos dous derradeiros séculos medievais nun populoso e próspero núcleo de poboación con plenos perfís urbáns.

Ao compás do seu desenrolo e da súa crecente importancia económica, o señorío e os dereitos do Deán compostelán sobre a vila serían cuestionados en repetidas ocasións, desde arriba polos arcebispos de Santiago – pleitos de Fonseca na segunda metade do S XV, e outro de Gaspar de Zúñiga en 1565 -, e desde abaixo tamén custionáronlle os dereitos os propios veciños, que foron erosionando co paso dos anos o poder dos deáns, poñendo en práctica usos e costumes que se convertirían en dereito consuetudinario.

Así, aínda que nos comenzos do S XVI os deáns conservaban certas prerrogativas, coma o dereito a nomear párrocos e notarios, o goberno municipal da vila foi conseguindo unha autonomía cada vez Mioe e máis respetada.

Todos os primeiros días de ano, elexíase alcalde pobrense

Declaracións do procurador xeral Juan de Bermo i Ageitos, relativas á forma de goberno na Pobra, din: “ Es mui notorio en como en esta villa desde su fundación e ynmemorial tiempo a esta parte está está en costumbre nombrar Justicia y Regidores anuales para lo cual se xuntan los vecinos de la dicha villa con la Justicia y Regimiento en las casas de consistorio diputadas para el dicho efeto, llamados al son de campana para dar sus botos y elegir los oficios de Justicia y Regimiento en las personas benemeritas y suficientes para ejercer los dichos cargos e oficios de república”.

“Por cuanto –tamén pode lerse- la costumbre que tienen esta villa y vecinos della xunytarse en las Casas de Consistorio para elexir e nombrar las personas e oficiales de alcaldes, rexidores e Procurador general, y demás oficiales del concejo que sirban los dichos oficios y abiéndose juntado después de comer por son de campana tañida para que a concejo abierto conforme la costumbre desde su fundación e ynmemorial tiempo”.