AS VILAS DO CARAMIÑAL E POBRA DO DEÁN ANTES DA FUSIÓN

AS VILAS DO CARAMIÑAL E POBRA DO DEÁN ANTES DA FUSIÓN

Autor: Daniel Bravo Cores ( La Voz de Galicia, 14-9-1991 )

Na década de 1830 tivo lugar a fusión de dúas antigas vilas, O Caramiñal e Santiago da Pobra do Deán, nacendo así un novo municipio ó que se lle asignou o nome oficial de “Puebla del Caramiñal” . Esas vilas tiveron ata entón paralela pero ben distinta. Imos hoxe a tratar de desvelar como foron os primeiros pasos na historia destas dúas vilas tran cercanas. A documentación de que dispoñemos actualmente permítenos precisar con certa exactitude a orixe da vila fundada polo Deán da Catedral de Santiago de Compostela, en tanto que polo que respecta a O Caramiñal ainda quedan algúns asuntos escuros. ¿Cal é o momento en que a Pobra do Deán escomenza a súa andadura histórica con carácter de vila?

Hai que partir do feito de que o cárrego de Deán do Cabildo non se crea ata a segunda década do S XII, e polo tanto a súa orixe non pode ser anterior. O segundo dato que nos aproxima ó tempo da fundación desta vila é que no ano 1177 o Arcebispo de Santiago, don Pedro Suárez de Deza, concede ó Deán Presidente do Cabildo, entre outras, as terras dos Arciprestazgos de Postmarcos de Arriba e de Abaixo, demarcacións eclesiásticas que viñan a coincidir aproximadamente co territorio da comarca de O Barbanza. Podemos, polo tanto, considerar ese ano, 1177, como om límite máis antigo para a datación do necemento da vila.

 

Afonso IX, Rei de León

Afonso IX, Rei de León

Por outra parte, o primeiro documento coñecido ata hoxe no que consta expresamente o nome da vila en lingua romance remóntase ó ano 1226. En efecto, nese ano o rei de León en persoa, don Afonso IX, realiza unha breve visita á nosa vila e aquí mesmo redacta un documento en latín que finaliza: “ Datum apud Sanctum Jacobum de la Pobla, VI Marcii era MXXLXIIII”, publicado polo catedrático Julio González na súa colección de diplomas de Afonso IX ( a datación en eras ten 38 anos de adianto con respecto ó noso calendario: era 1264 é igual a ano 1226 ).

Por iso, hai que pensar que avula da Pobra foi credad polo Deán de Santiago entre os anos 1177 e 1226, ainda que probablemente nesta derradeira data xa tivese varios anos de existencia e unha certa importancia coma núcleo urbán, o que explicaría a visita do monarca.

A súa fundación tería así lugar en pleno reinado de Afonso IX, un soberano que se caracterizou precisamente polo impulso que deu á creación de concellos en todos os seus reinos,e inscríbese así no contexto histórico do florecemento urbán do litoral galego que daría lugar a multitude de vilas e portos nos séculos XII e XIII.

A asignación da terra de Postmarcos ó Deán, e a creación a iniciativa deste da vila de A Pobra, supuxo asimesmoa constitución sobre todo este territorio do señorío eclesiástico dos Deáns, señorío territorial e xurisdiccional, é decir, señorío pleno.en virtude deste señorío, os seus titulares quedaban facultados para arrendar ou aforar terras, cobrar rendas, tributos e dereitos de señorío, nomear ós principais cárregos para a dministración da vila, impartir xustiza con competencias civís e criminais, etcétera.

O señorío dos deáns sobre a vila de A Pobra sería cuestionado ó longo dos anos, desde arriba polos propios arcebispos

Inocencio VIII

Inocencio VIII

e. desde abaixo, polos veciños da vila, debido ás cuantiosas utilidades económicas que a súa posesión implicaba. Contra vento e marea, incluso contra as disposisións do Papa Inocencio VIII que en 1487 otorgou o señorío xurisdiccional de A Pobra ó arcebispo de Santiago, os deáns consevaríasn “de facto” o seu señorío ó longo dos séculos medievais e modernos. Multitude de documentos aluden constantemente ós deáns coma señores de A Pobra, pero baste citar ó cardenal Jerónimo del Hoyo que a finais do XVII di: “Esta villa es de los señores deanes de Santiago”, o deán don Fabián Pardiñas Villardefrancos que a principios do XVIII se autotitulaba “Dueño y señor de la villa que llaman del Deán con su jurisdicción civil y criminal, merom mixto imperio”, ou a testemuña dos veciños de A Pobra que no catastro de Ensenada do ano 1753 declaran que a vila é señorío do Deán, a quen lle pagaban en recoñecemento do tal señorío 220 reais ó ano.

A vila de Deán chegaría a ser, nos derradeiros séculos medievais, un próspero, populoso e, plo tanto, importante núcleo de poboación que rivalizaba en todos os sentidos con outras vilas de tanto renome naquela época coma Padrón ou Noia, núcleos moi ligados entón a Compostela.

Esta prosperidade, intimamente conectada coas actividades mariñeiras, chegaría ó seu máximo esplendor no século XV, e sen dúbida un dos fitos principais cara este progreso foi a concordia ou avinça – coma din no documento –á que se chegou o 9 de outubro de 1448 entre as vilas de Padrón e Pobra. Por este acordo, o concello de Padrón otorga permiso ós apoderados de “Juan d’Astorga, alcalde e Juan Duran, etcétera e o concello e homes boos juntos segundo que han de uso e costume sua diveira da vila da Pobra do Deán….”, para “ … que en todo sempre posan cargar e descargar e carguen e descarguen suas mercaderias de pescados que mataren e mercaren … con condiçon que eles e qualquer deles e seus subcesores veñas a cdita vila de Padron a demandas licencia para a dita carregaçon e descarregaçón … e debemos e paguemos en cada un ano por dia de navida da Nascensa de Jesu Chrito a o Concello de Padron, dentro ena dita vila, mill e oitosentos maravedís de moeda vella”. Este convenio serviu para reanimar a pesca na vila de A Pobra, e indudablemente del tamén se beneficiaría O Caramiñal, que desde entón pudo exportar sardiña.

 

Mosteiro da Miserela

Mosteiro da Miserela ( Foto José Barbanza )

Dentro deste proceso de expansión e consolidación da vila urbana nestas terras, hai que entender o traslado do Mosteiro da Miserela, ubicado nun liuhgar abrupto e inhóspito, lonxe das prósperas vilas – feito típico nos anteriores séculos definidos polo ruralismo – a outro emprazamento máis seguro e accesible, e máis en consonancias cos novos tempos da época moderna. Domínguez Fontán proporciona un documento que ratifica o que decimos, no que don Juan de Pastor, abade do Mosteiro de San paio de Antealtares concede en 1448 o permiso para o traslado:”…Assi por ser montaña bravía y desierta como por estar desviado de las gentes, no poder ser oydos ni socorridos en algun robo o caso fortuito que les podia acontezer…, porque mejor se puedan servir de sus nezesidades, y por eso mismo porque en los eervicios expirituales mejor puedan consolar al onrado Conzejo da Pobra…”.

A vila de O Caramiñal

As orixes da vila de O Caramiñal presentan lagoas máis serias. En contra das aseveracións de Domínguez Fontán, a súacategoría de vila entendida como núcleo urbán na época medieval é máis que

SANTA MARÍA DO XOBRE

SANTA MARÍA DO XOBRE

dubidosa, e en calqueira caso a súa entidade e importancia como tal era moito menor que a vila colindante. De feito, ata moi tardiamente – concretamente ata o ano 1737 – non constitue unha parroquia, non ten polo tanto Igrexa propia e os seus veciños eran feligreses de Santa María do Xobre. A maior abundamento, no “mayorazgo” quer o señor de Xunqueiras, don Ares Pardo das Mariñas, institúe en 1537, menciónase entre as súas posesións: “La feligresía de Santa María del Jobre e lugar del Caramiñal…”; e o cardenal Jerónimo del Hoyo en 1605 di:”…Es un opertesico destas riberas del mar…”.

Probablemente, ata o século XV se trataba dunha vila entendida no sentido medieval de pequeño conxunto de edificacións rurais, e a partir de entón ó compás da prosperidade traida polas actividades pesqueiras, adquiriu fisonomía urbana co apoio tamén dos señores das Xunqueiras que se víasn directamenmte beneficiados co despeque económico da súa vila. Indubidablemente, coma expoñeremos en posteriores traballos, no século XVI a vila de O Caramiñal era xa un núcleo con clara apariencia urbana.

Asentada no arciprestazgo de Postmarcos de Arriba, demarcación territorial concedida polo arcebispo Suárez de Deza ó seu Deán, como xa dixemos ó falar de A Pobra, inicialmente o seu territorio estaba tamén sometido ó señorío dos deáns. Sen embargo, a falta de documentación desa época impídenos coñecer o proceso ó través do cal o Mosteiro de San Paio de Antealtares detentaba o señorío sobre o lugar nos derradeiros séculos da Idade Media.

O certo é que a partir do 1400, o antedito mosteiro era o propietario do señorío de O Caramiñal, así como outros territorios próximos coma os Coutos de Corrubedo e Teira, os de deán e Martín de Riveira, Espiñeirido, parte de Lesón, de Palmeira, de Xuño, etcétera. E todas estas terras e a súa xurisdicción civil e criminal se cederon mediante foro ós señores da Casa de Xunqueiras, que a partir de entón detentan ese señorío.

Posteriormente, unha vez que se fusionan o Mosteiro de San Paio co de San Martiño Pinario, sería este último o que renovaría o foro a don Ares Pardo das Mariñas, señor de Xunqueiras en 1537.

Ó igual que temos visto cando estudiamos o caso de A Pobra, a posesión do señorío facultaba ós seus titulares para arrendar ou aforar as terras, cobrar rendas e contribucións, impartir xustiza, nomear ós cargos públicos como alcaldes, rexidores, escribanos, alguaciles, etcétera… e o dereito de patronazgo sobre as parroquias do seu territorio en virtude do cal nomeaban nelas ós párrocos ou rectores, pero ó contrario do que sucedía en A Pobra, o señorío de Xunqueiras nunca foi discutido e o seu réxime sería máis riguroso que o do señorío dos deáns como xa temos explicado nun artigo anterior.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: