OS ABUSOS DUN ALCALDE CAUSAN TUMULTOS NO XVII

OS ABUSOS DUN ALCALDE CAUSAN TUMULTOS NO XVII

No 1624 recoñecéronse os dereitos veciñais

Autor: Daniel Bravo Cores ( La Voz de Galicia, 18-5-1989 )

Cando os dereitos dos pobrenses, conseguidos pola forza do costume, eran iñorados polos señores deáns ou polos notables da vila con decisións arbitrarias ou ilegais, os veciños adoitaron posturas de loita que en ocasións derivaron en verdadeiros tumultos. Foi o que secedeu no ano 1569, co gallo dos abusos do xuiz Juan de Fajide, ou no 1575 despois dunha decisión doutro xuiz, Mateo Luis, xerándose serios alborotos. Pero o caso máis clamoroso tivo lugar no ano 1606, cos abusos do alcalde Alberte Millares, secundado polos rexidores Antón López e Gómez Rodríguez.

Ao longo do ano 1605, no que desempeñou a alcaldía, Alberte Millares, sucesivas protestas veciñais canalizadas polo procurador xeral Juan de Bermo i Ageitos motivaron que o gobernador capitán xeral do Reino de Galicia e os oidores da Real Audiencia da Coruña lle chamáran á orde e inhabilitaran a Felipe Paz, notario e xenro do alcalde, para dar fe dos autos nas actuacións do deu parente.

Os desmáns do alcalde culminaron cando ó término do seu mandato tentou de impoñer como alcalde e rexidor a Lorenzo de Villamoura e a Gómez Rodríguez, respectivamente, rexeitando os mecanismos electorais e os costumes vixentes. Así, o día primeiro de 1606, reuníronse os veciños da Pobra co procurador xeral e co rexidor Juan de Noya para elexir aos seus representantes municipais.

“Llegados el alcalde D. Alberte Millares – segundo o relato de fe recollido – y el regidor D. Gómez Rodríguez, y con ellos D. Francisco Martínez, escribano y padre del D. Gómez Rodríguez y regidor que ha sido desta villa (…) y sin más tratar ni concordar con los demás oficiales y vecinos desta villa de las personas que conbenían y eran mas suficientes para los dichos oficios, dixeron que nombraban por alcalde a D. Lorenzo de Villamoura y a D. Gómez Rodríguez, hijo del dicho D. Francisco Martínez escribano que venía para dar fe del dicho nombramiento”.

Ante os feitos e as actitudes, o procurador xeral e os veciños opuxéronse argumentando que non se respetaban os costumes de concello aberto, e que ademáis eran persoas inhabilitadas para a tarefa por tela exercida recentemente e sen dar conta da súa xestión municipal, e porque as súas actuais profesións eran incompatibles cos cargos.

“ Y aunque esto se les dixo – segue o documento da época – mui comedidamente el sobredicho Alberte Millares se amuinó en gran manera diciendo que el Villamoura y el Gómez Rodríguez y los demas que él quisiera avían de ser alcaldes e regidores sin tomar para ello parecer ni boto del dicho Juan de Bermo ni Juan de Noya ni de los demás vecinos y concejo, y con esto se abían salido del dicho consistorio”.

O texto segue así: “ Y aunque se había pedido y requerido en nombre de la dicha villa concejo y vecinos por muchas veces al dicho escribano Francisco Martínez, este dixo e negó por muchas veces que no era tal escribano ni quería dar fe, sin embargo de que se le esperase desde oras del mediodia asta ahora que son las nueve y media de la noche por más o menos”.

Non é moi difícil imaxinar, en base a documentación, os acontecementos que se sucederon despois da actitude de Alberte Millares. Por todo o narrado e pola reacción dos veciños, dedúcese que os usos e costumes ao efecto estaban profundamente arraigados na Pobra do Deán e, co paso do tempo, os costumes foron consolidándose coma leis, xerando un dereito consuetudinario. Dende a catedral compostelana asegurouse a continuidade do concello aberto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: