NO CARAMIÑAL REXÍA UN NOBRE E NA POBRA DO DEÁN, UN CONCELLO

NO CARAMIÑAL REXÍA UN NOBRE E NA POBRA DO DEÁN, UN CONCELLO

Séculos despois, as dúas vilas uníronse baixo unha mesma entidade

Autor: Daniel Bravo Cores ( La Voz de Galicia, 17-5-1989 )

Como ben é sabido, a actual vila da Pobra do Caramiñal é o resultado da fusión – nos anos trinta do S XIX- das antigas vilas do Caramiñal e Santiago da Pobra do Deán; aquelas poboacións e máis as parroquias de San Isidro, Lesón e Santa María do Xobre, configuran a fisonomía e xeografía do actual concello pobrense. A organización municipal das dúas vilas orixinarias é o resultado dun longo proceso iniciado dende a súa funfación, alá polos albores do S XIII, no que se foron conformando unha serie de usos, costumes e leis que no S XVII estaban xa plenamente cristalizados. Porén, a organización dos seus respectivos concellos era distinta porque distintos eran tamén as orixes.

Mosteiro de San Martiño Pinario

Mosteiro de San Martiño Pinario

A vila do Caramiñal, que inicialmente pretencía ó mosteiro de San Paio de Antealtares, e despois a San Martiño Pinario, tiña coma señor directo ó nobre da Casa de Xunqueiras, a quen cederán dereitos en foro os anteditos mosteiros, xunto con outras poboacións da zona, coma Corrubedo, Xuño e O Xobre.

A vila do Caramiñal non terá categoría de núcleo urbán ata o S XV, co auxe xeral das actividades mariñeiras; a partires de entón, O Caramiñal será potenciado polos seus señores directos. Xunto a súa transformación, de sinxelo “lugar” a vila con perfís urbáns, no Caramiñal foise configurando unha organización municipal do seu concello que sempre estivo controlada polos titulares de Xunqueiras.

Os nobres, en base ó foro concedido polo Mosteiro de San Paio nos comenzos do S XV, e renovado en 1532, dispoñían de “ todo el señorío y vasallaje e jurisdicción cibil e criminal”, di textualmente o texto; e tiñan plenos poderes para o nomeamento dos diferentes cargos municipais: o chamado “ xustiza”, os rexidores, escribanos e mesmo os párrocos, ademáis doutros.

Os nomeamentos solían recaer en persoas da súa absoluta confianza. O poderío e o prestixio de homes coma esteban de Xunqueiras, Ares Pardo das Mariñas, e demáis titulares que foron da Casa de Xunqueiras, explica que na vila do Caramiñal nen mopsteiros nen arcebispos, nen os propios veciños cuestionasen nunca a súa autoridade. En definitiva, a vila foi un modelo de organización colectiva que os historiadores chaman un “señorío pleno”, e os dereitos e autonomía dos seus habitantes sempre foron moi limitados.

Catedral de Santiago

Catedral de Santiago

A vila de Santiago da Pobra do Deán presenta un modelo ben diferente. Foi fundada polo Deán da catedral de Santiago, entre os anos 1177 e 1226.  A Pobra convertiriase nos dous derradeiros séculos medievais nun populoso e próspero núcleo de poboación con plenos perfís urbáns.

Ao compás do seu desenrolo e da súa crecente importancia económica, o señorío e os dereitos do Deán compostelán sobre a vila serían cuestionados en repetidas ocasións, desde arriba polos arcebispos de Santiago – pleitos de Fonseca na segunda metade do S XV, e outro de Gaspar de Zúñiga en 1565 -, e desde abaixo tamén custionáronlle os dereitos os propios veciños, que foron erosionando co paso dos anos o poder dos deáns, poñendo en práctica usos e costumes que se convertirían en dereito consuetudinario.

Así, aínda que nos comenzos do S XVI os deáns conservaban certas prerrogativas, coma o dereito a nomear párrocos e notarios, o goberno municipal da vila foi conseguindo unha autonomía cada vez Mioe e máis respetada.

Todos os primeiros días de ano, elexíase alcalde pobrense

Declaracións do procurador xeral Juan de Bermo i Ageitos, relativas á forma de goberno na Pobra, din: “ Es mui notorio en como en esta villa desde su fundación e ynmemorial tiempo a esta parte está está en costumbre nombrar Justicia y Regidores anuales para lo cual se xuntan los vecinos de la dicha villa con la Justicia y Regimiento en las casas de consistorio diputadas para el dicho efeto, llamados al son de campana para dar sus botos y elegir los oficios de Justicia y Regimiento en las personas benemeritas y suficientes para ejercer los dichos cargos e oficios de república”.

“Por cuanto –tamén pode lerse- la costumbre que tienen esta villa y vecinos della xunytarse en las Casas de Consistorio para elexir e nombrar las personas e oficiales de alcaldes, rexidores e Procurador general, y demás oficiales del concejo que sirban los dichos oficios y abiéndose juntado después de comer por son de campana tañida para que a concejo abierto conforme la costumbre desde su fundación e ynmemorial tiempo”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: