OS SEÑORES DA POBRA DO DEÁN E CARAMIÑAL LEVANTARON OU AMPLIARON MULTITUDE DE EDIFICIOS

OS SEÑORES DA POBRA DO DEÁN E CARAMIÑAL LEVANTARON OU AMPLIARON MULTITUDE DE EDIFICIOS

No S XVI desatouse unh auténtica “febre construtora”

Autor: Daniel Bravo Cores ( Apuntes Históricos III, La Voz de Galicia, 6-9-1991 )

 

SANTIAGO DO DEÁN

SANTIAGO DO DEÁN

A febre construtora do S XVI ten o seu máximo expoñente na arquitectura relixiosa. Entre os edificios que merecen destacarse figura a igrexa de Santiago do Deán, da que Jerónimo del Hoyo nos di: “… Es de buen tamaño aunque no tiene más que una nave y está sin sacristía…”. A excepción da cabeceira que é máis antiga, foi en boa parte edificada e ampliada no S XVI, para dar acollida a un número de feligreses que se incrementaba por momentos. Asimesmo, leváronse a cabo no seu interior importantes obras de ornamentación escultórica e capelas coma o do Alba, a do Bon Xesús, de San Antonio, co Corpo Sancto, etcétera

Todo isto foi posible mercede a fundacións e obras pías de medenas coma o licenciado Figueroa, Juan de Figueirido ou o coñecido mercader Juan Domínguez Giance, que sufragaron as devaanditas construcións.

Tamén sería edificada nesta centuria, e no mesmo solar que o templo anterior, a igrexa de Santa María do Xobre,

SANTA MARÍA DO XOBRE

SANTA MARÍA DO XOBRE

como resposta ás novas necesidades de espazo para albergar a unha poboación máis numerosa. O novo edificio era de dimensións moito máis reducidas co actual:fachada e nave principal, mentres que os engadidos laterais da cabeceira concluíronse en 1730 e o campanario é máis moderno.

Pero, no que a construcións relixiosas se refire, quizçáis o máis significativo sexa a igrexa de Santa María a Nova do Caramiñal, que se comenza a construir con grandes pretensións cara 1550-1560, por iniciativa de don Gómez Pérez das Mariñas. Das palabras do visitador arzobispal del Hoyo dedúcese que o lugar onde se levantaba o novo templo constituía o límite urbano da vila caramiñalense. Dinos o ilustre personaxe: “ Nuestra Señora la Nueba del Caramiñal: junto a esta villa del carmiñal, junto a las casas della, está començada a construir una famosa iglesia de muy buena cantería, la qual en la que tora a la capilla mayor esstán las paredes llebantadas de todo punto, pero las del cuerpo de la Iglesia están baxas. Tiene talle de no acabarse xamas. Diçen comenzo a fundar la Iglesia Gómez Pérez de las Mariñas, padre de don Diego de las Mariñas. La capilla mayor como hemos dicho está cavada de todo punto, pero las paredes de la iglesia y cuerpo della estarán llevantadas como un estado…”.

O novo edificio destinado a acoller á poboación cada vez máis numerosa da florecente vila, habería de esperar aanos ata que que se celebrasen no seu interior as funcións relixiosas ás que estaba destinado. As obras permanecerían paralizadas durante máis dun século, e a maleza invadiu o sagrado recinto quedando practicamente abandoado e en ruinas. Ao principio do S XVIII – cento cincuenta anos despois do inicio das obras -, e por iniciativa de don Tomás de los Cobos, á sazón señor de Xunqueiras, rematouse a construción aproveitando das vellas ruinas  tan só o abside e o presbiterio. A obra final, sufragada por Don Tomás e os veciños da vila, era lixeiramente máis curta e estreita co proxecto primitivo.

Cada unha das vilas posuía tamén o seu propio hospital e eran os dous únicos do litoral septenrtional da Ría de Arousa. Podemos considerar a ambos como edificios relixiosos, polas súas funcións e polo mantemento encomendado ó clero. O cometidoprincipal dos dous hospitais era acoller e asistir a pobres e peregrinos que facían aquí a súa última escala na ruta marítima de peregrinación xacobea. Do Hospital do Caramiñal, que estaba situado na esquina que forman as actuais rúas de Gasset e San Roque, dinos Del Hoyo:”…Sirve de iglesia en la qual se dice misa por estar lexos algo la Iglesia Parroquial – refírese á igrexa do Xobre – , y ansí dice el rector dos misas los domingos y días de fiesta”. De feito, o Hospital posuía tamén pila bautismal e tres capelanías fundadas por Esteban de Xunqueiras, o que leva a pensar que existía no S XV.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: