MESTRES CANTEIROS DE GRAN FAMA CONSTRUÍAN PAZOS EN CARAMIÑAL

MESTRES CANTEIROS DE GRAN FAMA CONSTRUÍAN PAZOS EN CARAMIÑAL

O esplendor e riqueza chegaba tamén á burguesía

Autor: Daniel Bravo Cores ( Apuntes Históricos V, La Voz de Galicia, 7-9-1991 )

Un dos edificios máis importantes da vila do Caramiñal, que desafortunadamente non se conserva nos nosos días, foi sen dúbida o pazo que ordeou construir don Diego no ano 1608. As obras foron dirixidas na súa primeira fase polo mestre de cantería Mateo de Cubas e, ó seu falecemento, serían rematadas polo mestre Antonio García, veciños ambos da cidade de A Coruña. Mateo de Cubas tiña unha ampla traxectoria profesional na nosa comarca e a súa fama e prestixio chegaría ata os últimos currunchos do Barbanza tras a finalización das obras da Ponte Nafonso na vila de Noia. Por esta razón sería o elexido por don Diego para a dirección das obras do seu novo pazo. Á súa morte, no ano 1610, estaban edificados os cimentos, a obra de mampostería, os sillares exteriores, cornisas, tres chimeneas, os arranques de tres arcos interiores e os tres escudos heráldicos e as súas coroas.

Antonio García puxo fin á obra rematando  “…Los cuartos del corredor que está comenzado cerrandolos tres arcos de piedra y sobre ellos subir las paredes hasta las primeras vigas y desde allí comenzar a sentar en los lugares de cada una de las tres ventanas…”, construíndo o oratorio e a chimenea grande e colocando a cornisa, todo ilo “…En piedra de grano labrada, y cogida por el Antonio en mi monte de Caamaño…”.

As obras culminaron en xaneiro de 1611, e o seu custo, que ascendeu á elevada  suma de 19.500 reais, danos unha idea da magnificiencia do pazo.

TORRE BERMÚDEZ
TORRE BERMÚDEZ

A Torre Bermúdez: este edificio plantexa diversos problemas, xa que o único documento que a menciona expresamente é o informe do escribano Miguel Joseph González Soldado, escrito en 1751.

Segundo esta testemuña, cuxa información se debe aceptar con reservas por ser  tardío, a mediados do S.XVI o mercader Juan Domínguez Viance era o propietario de “…Su casa y thorre alta sita en esta villa y ribera del mar…”. No parece difícil indentificar esta “casa y thorre” con la Torre de Bermúdez, pero parece máis problemático entender como os señores de Xunqueiras permitían que un vasalo levantase nas súas posesións un edificio que rivalizaba en porte e dimensións coa súa propia casa, e que ademáis se podería convertir nunha verdadeira fortaleza en caso de conflicto.

Inclínome a pensar que os señores de Xunqueiras cederon ao citado mercader por medio dun contrato de foro, ben a casa xa construida ou ben o terreo onde aquel edificaría esta torre aténdose a determinadas condicións. Só así se podería comprender que Gómez Pérez permitise tal construción.

Finalmente outro edificio a destacar é o coñecido como Casa da Cadea, a antiga prisión da vila do Caramiñal. O escudo de armas da súa fachada demostra ben ás claras que os seus constutores foron os señores de Xunqueiras, xa que en el están representados os blasóns de Xunqueiras, Mariñas, Soutomaior, Bolaño, etcétera. A súa construción debe ser un pouco posterior, probablemente de mediados do S XVIII, xa que os Bolaño non se incorporaron á Casa de Xunqueiras ata ben entrado este século.

O edificio que os habitantes das antigas vilas do Deán e Caramiñal coñecen, desde un pasado moi remoto, co nome de Torre de Bermúdez – ainda que hoxe o nome oficial é outro – , suscitou desde sempre o interés das nosas xentes. Non é de estranar que foran numerosas as plumas da localidade que dedicaron numerosos artigos e colaboracións á citada torre.

Chamoume particularmente a atención unha explicación, segundo a cal, o acaudalado comerciante Juan Domínguez Viance, natural de  O Xobre, enfrontouse co señor de Xunqueiras e por ilo se veu obrigado a trasladarse ao Caramiñal, onde edificou a famosa torre. Incluso algumnha versión de tal explicación menciónase como titular do señorío a Esteban de Xunqueiras, que por esa época era xa ilustre veterano no camposanto de Xobre.

Tales explicacións, publicadas reiteradamente nos folletos conmemorativos dos festexos locais e no Semanario Municipal, teñen por forza que obedecer a unha imaxinación notablemente fecunda ou ben a unha lectura veloz en exceso dos documentos. En calqueira caso, o rigor histórico brilla pola súa ausencia, ainda que é válido como tema de novela épica.

Parece pouco probable que si o motivo do traslado do famoso mercader foron os seus enfrontamentos co señor de Xunqueiras ( que por aquel entón era Gómez Pérez das Mariñas e non o seu avó Esteban ) elixise coma lugar de refuxio o Caramiñal, xa que esta vila pertencía tamén ao citado nobre. Si así ocorrise, meteriase na mismísima boca do lobo.

Os únicos documentos que aluden a este tema, é o informe do escribano González Soldado, cronista do Caramiñal a mediados do S XVIII, publicados por Domínguez Fontán. Neles se di: “… Este Vianze por haberse desazonado los señores de Xunqueiras con el, y el también con los señores como consta en sus papeles, se mudo para La Puebla…”,porque esta vila pertencía aos deáns, e polo tanto era o único lugar onde podía atopar asilo.

Sen embargo, non debemos esquecer que esas liñas se escriben en 1751, douscentos anos despois de ocurridos os feitos, polo que hai que lelas con prudencia. Particularmente penso que o sangue non debeu chegar ó río, xa que costa crer que o comerciante, por moi acaudalado que fose, tivera a osadía de enfrontarse a don Gómez Pérez, un noble que ostentaba títulos coma Rexidor de Santiago, A Coruña, Palla da Cámara de Felipe II, Xentilhome da Bora da Súa Maxestade, Cabaleiro do hábito de Santiago, Cabaleiro da Orde de San Xoán de Xerusalén, Encomendado de Castilleja de la Cuesta, héroe da batalla de San Quintín, de Bruxelas, e ao que o propio Pontífice Xulio III dá o tratamento de “Muy ilustre…” entre outras palabras, un dos personaxes máis poderosos dos seus tempos nos territorios da Coroa de Castela. Presentar en pleno S XVI a don Juan Domínguez coma exemplo dunha temeridade. ¿Ah, si don Gómez levantara a cabeza!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: