A PONTE DE SAN ANTONIO, UNHA GRAN OBRA SINGULAR DE INXENIERÍA

A PONTE DE SAN ANTONIO, UNHA GRAN OBRA SINGULAR DE INXENIERÍA

Autor: Daniel Bravo Cores ( Apuntes Históricos III, La Voz de Galicia, 6-9-1991 )

Ponte de San Antonio

Ponte de San Antonio

As actividades cosntrutoras dos señores de Xunqueiras estendéronse tamén ó territorio do seu señorío e singularmente á súa vila do Caramiñal. Nese sentido, unha das obras máis importantes que se construiron foi sen dúbida a creación da Ponte de San Antonio, nome que se lle asignou coma homenaxe ao santo patrono do convento instalado nas cercanías, do cal xa se falou longamente nos capítulos anteriores.

A obra, de considerables dimensións para a época, inaugurouse o 31 de maio de 1578, e foi costeada integramente polo xove don Diego das Mariñas, un dos máis emprendedores e coñecidos titulares da familia. A súa importancia foi vital naquela época por ser a úniva vía firme de comunicación entre a Fortaleza e a vila do Caramiñal, ata entón separadas polo cauce do río Mirandela. A partires de entón, rexistráronse cambios importantes nas relacións dos señores cos seus súbditos da vila e fixéronse moito máis asiduas e cómodas as visitas que se realizaban.

Esta inxente actividade, fiel reflexo deunha economía en expansión, demostra a longa etapa de prosperidade que supuxo para ambas vilas a centuria decimosexta, e a iniciativa e o espíritu emprendedor das súas xentes que transcendeu as fronteiras locais como amosan aa súas murallas e fortificacións da cidade de A Coruña, construidas na súa maior parte por don Diego das Mariñas.

Varios edificios (…) como a Torre de Bermúdez, Xunqueiras ou a Igrexa Parroquial de Santa María do Xobre, estiveron representadas nos escudos e selos oficiais das vilas ata o S XIX, como proba o orgullo que significaron para as súas xentes e da raigame que tiñan nas localidades.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: