OS TITULARES DA CASA DE XUNQUEIRAS E AS SÚAS REMODELACIÓNS.

OS TITULARES DA CASA DE XUNQUEIRAS E AS SÚAS REMODELACIÓNS.

Autor: Daniel Bravo Cores ( Apuntes Históricos IV, La Voz de Galicia, 6-9-1991 )

 

PAZO TORRE XUNQUEIRAS

PAZO TORRE XUNQUEIRAS

Á intensa actividade na construción e ampliación de edificios, que calificamos de febril pola súa magnitude, non permaneceron alleos os señores da Casa de Xunqueiras, que ao longo da centuris remodelaron os edificios da súa propia Fortaleza e construiron outros novos na vila do seu señorío.

En efecto, a recosntrución efectuada por Esteban de Xunqueiras tras o derrubo da fortaleza durante a revolta irmandiña, non se limitou á Torre senón que tamén aos demáis edificios anexos: o pazo onde moraban os titulares do señorío, as casas dos criados, administradores e demáis servidume.

Con prosperidade, os sucesores de Esteban foron realizando obras complementarias no conxunto do Pazo. Ares Pardo e Gómez Pérez realizaron lixeiras remodelación ao compás das novas necesidades que lles plantexaba a prosperidade: rendas cada vez máis considerables que esixíasn maiores espazos en bodegas e almacéns para trigo, centeo, peixes, viño que suministraban os vasalos.

Nos últimos anos do S XVI, don Diego das Mariñas realizou obras de ampliación nas dependencias do Pazo que as inclemencias meteorolóxicas da primeira década do S XVII deterioraron en moi pouco tempo, polo que don Diego chamou a un coñecido mestre de cantería coruñés, para que puxese mans á obra e acondicionase debidamente as dependencias do pazo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: