OS INTERCAMBIOS COMERCIAIS

A SALAZÓN E A CONSERVA, PROTAGONISTAS ECONÓMICOS DESDE HAI CATRO SÉCULOS

Tanto na localidade de Pobra do Deán como en O Caramiñal

Autor: Daniel Bravo Cores ( Apuntes Históricos III, La Voz de Galicia, 5-9-1991 )

As mercadorías obxeto de intercambios comerciais son moi variadas. Entre as que se exportaban desde as dúas vilas, as máis importantes eran sen dúbida a sardiña, ocupando un lugar secundario outras especies coma o chicharro, polbo, congrio ou pescado cecial. A sardiña preparábase segundo o método tradicional de “cochado”, é decir, salgada sen cortar a cabeza – “sardiña cabesuda”-, e prensada conservando parte da graxa. Este sistema era moi distinto ao que introduciron anos máis tarde os cataláns, que extraían case na súa totalidade a graxa ou saín. Posteriormente, a sardiña dispoñíase en fustes ou bota – “ embotada”-, con capacidade para 19 milleiros de sardiña por bota. O mesmo método se aplicaba tamén ao chicharro. Polo contrario, polbos, congrios e pescada ou badeixo, se exportaban secos e curados.

Temos tamén noticia de tráfico de mercadorías menos importantes, coma os 105 millóns de laranxas e limóns adquiridos por Guillaume Bior, “mercader de Ronen en el Reino de Francia”, ou varias partidas de trigo e centeo da Torre de Xunqueiras.

As mercadorías importadas son asimesmo moi diversas, destacando sobre todas elas o viño branco procedente das terras ourensás de Salvaterra, Seixalbo, Coutos de Alongos e Vide, así coma o sal que procedía das salinas de Torrevieja ( Alicante), Cádiz e Aveiro (Portugal). Naqueles tempos, o sal era un produto escaso e imprescindible, xa que era o único medio de conservar peixe e carnes. Por ilo, o suministro e distribución era monopolizdo e controlado pola propia Coroa, que construira un alfolí, o almacén de sal, en cad unha das nosas vilas, a cuxo frente estaban os chamados administradores dos Reais Alfolíes. Un destes alfolíes estaba situado preto do actual Liceo pobrense.

Estas eran as mercadorías máis importantes e citadas nos documentos, pero esporádicamente aparecen algunhas outras como tella de Abanqueiro, ou a madeira noruega adquirida en grandes cantidades por Don Diego de las Mariñas ao capitán de barco Joan Quier, residente na cidade noruega de Conel, para efectuar reparacións de importancia na súa casa de Xunqueiras.

A excepción do carrexo de viño ourensán, que obviamente se transportaba por vía terrestre, a maior parte das actividades comerciais das dúas vilas se realizaban a tarvés do mar. Os navíos empregados nestes menesteres eran xeralmente carabelas e pinazas, barcos movidos a vela, de gran capacidade de transporte e aptos para a sempre dificultosa navegación atlántica. Nuns casos os propietarios destes navíos eran estranxeiros coma Guillerme Bior, Joan Quier, o portugués Manuel Barbudo, veciño de Mondego, etcétera, e noutros casos os seus propietarios eran pobrenses coma don Juan de Giance, dono da carabela Nosa Señora da Concepción, ou don Gabriel Fontaíña, propietario e capitán de “…Su pinaza nombrada Santo Antonio surta en la concha y ribera desta dicha villa…”, el 15 de julio de 1597.

Os puntos de destino das mercadorías embarcadas nas dúas vilas eran tamén moi variados. Os produtos pesqueiros enviábanse a portos do litoral cantábrico coma Viveiro, Ribadeo, Xixón ou San Sebastián, ou ben a portos portugueses coma Aveiro, Barra das Figueiras, Barranca, Mondego, ou ben a portos da costa levantina como Málaga ou Valencia, nomes que se repiten a miudo nos documentos.

Ainda sendo o seu volume considerablemente menor, non deixou de ter importancia o tráfico de peixe salgado ou curado en terras do interior coma Lalín, Medina de Rioseco ou a propia Corte, onde se apreciaban de xeito especial as ostras e lenguados preparados en escabeche.

De todo mo explicado dedúcese facilmente a prosperidade e,con ela, a entidade que foron acadando as vilas no periodo que nos ocupa, ata despuntar unha importante arquitectura civil nas mesmas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: