ACTIVIDADES ECONÓMICAS NO S XVI

DURANTE O S XVI, O HOXE MUNICIPIO DE POBRA CENTRABA TODA A SÚA ACTIVIDADE NA PESCA DO CERCO

Cando pescaban sardiña, ningún outro barco se podía achegar á zona, para non asustalas.

Autor: Daniel Bravo Cores ( Apuntes Históricos II, La Voz de Galicia, 4-9-1991 )

As actividades pesqueiras máis destacadas no SXVI eran as realizadas en asociación. en efecto, a arte máis importante, e á que estaban supeditadas todas as demáis, era o cerco ou secada organizada en compañías adicadas fundamentalmente á captura de sardiña. As testemuñas notariais acerca destas compañías ou asociacións mariñeiras relativas as nosas vilas son esvcasas por haberse deteriorado a maior parte dos fondos documentais do S XVI a causa da humidade. Sen embargo, podemos coñecer o seu funcionamento  a través das compañías da vila de Noia, xa que a pesares de que os seus documentos están depositados no mesmo arquivo, afortunadamente se conservan mellor e as diferenzas non podían ser moi notables dada a proximidade xeográfica dos dous municipios.

As compañías de cerco, secada ou cedazo, tiñan coma obxectivo prioritario, e case exclusivo, a pesca da sardiña. Nelas integrábase un considerable número de mariñeiros que frecuentemente superaban o centener.

Tiñan unha duración moi curta, de temporada, xeralmente desde o día da Nosa Señora de Setembro ata o Nadal, ainda que en ocasións se estipulaba, que de haber abundancia de sardiña, a compañía podería seguir funcionando uns meses máis.

A organización destas compañías era moi completa e pormenorizada. Os contratos especificaban os diferentes cargos e funcións de cada un dos seus membros: mordomo, ancargado da administración e da comercialización da pesca, cometido que xeralmente desempeñaba un fidalgo ou un mercader; talieiros ou atalaiadores, a quen se confiaba a dirección de todas as maniobras no mar ( disposición dos barcos, elección das zonas de pesca, lance e recollida de aparellos, etcétera); fornidores ou encargados da confección e mantementos dos aparellos; mariñeiros da secada, en número moi variable, que aportaban todo tipo de útiles ( redes, cordas,chumbos, trallas, lanchas, etcétera ), ademáis do se esforzo persoal; e, finalmente, remeiros asalariados que se repartíasn nas diferentes embarcacións da compañía.

O número de barcos era tamén moi variable, podenso sobrepasar aas dúas decenas, todos eles de pequeño tamaño – suficiente para unha tripulación de tres ou catro persoas -, a excepción do trincado ou barco principal movido a vela ou a remo, segundo a maniobra, e desde o cal os talieiros dirixir´`an as maniobras. Dada a delicadeza e a importancia das súas funcións, a tripulación do trincado estab composta polos homes máis experimentados da compañía.

O beneficio xerado polas labouras de cada unha destas asociacións repartiase en partes ou quiñóns que ían en función tanto do traballo coma do material aportado por cada socio, a excepción naturalmente dos asalariados.

Debido á súa importancia, os cercos tiñan prioridade sobre todas as demáis artes de pesca. Durante o tempo en que estaban calados no mar non se podía traballar con ningúen outro tipo de aparellos a menos de media legua dos cercos, pois como decía Sáñez Reguart en 1791: “… La sardina es de naturaleza muy asombradiza y cualquier rumor las ahuyenta”.

O secado das redes e mantemento de toda a utillaxe da compañía de ambas vilas efectuábase nuns lugares denominados Campos da Secada, nome que no caso de vila do Deán aínda se conseva na actiualidade.

Para defender os seus dereitos de pesca na Ría de Arousa fronte ás apetencias de pescadores foráneos, e concretamente dos agrupados na poderosísima Confraría do Corpo Santo de Pontevedra, Domínguez Fontán narra coma os pescadores dos diferentes portos e vilas das ribeiras de Arousa se asociaron o 9 de setembro de 1554 na Confraría dos Gremios do mar que posuía as súas propias ordenanzas e, tras pleitear coa poderosa entidade pontevedresa, conseguirían finalmente o recoñecemento dos seus dereitos na Ría de Arousa.

Pola contra, e ffronte á unidade amosada neses momentos de dificultades, a pesca foi motivo tamén de desavenencias entre as dúas vilas a finais de século, concretamente en 1593, as compañías de cerco e secada formábanse nunha e outra vila por separado, de xeito independiente, sen que os mariñeiros da vila do Deán poidesen participar nas compañías do Caramiñal e viceversa, o que daría lugar a diversos litixios.

A AGRICULTURA, EN SEGUNDO PLANO

Esta economía con base na pesca completábase cunha agricultura centrada no cultivo do trigo e centeo, posto que o cultivo do millo, que se introduciría poucos anos máis tarde, era no S XVI unha especie agrícola descoñecida. Neste capítulo é necesario citar a importancia que adquiriron os cultivos de horta, en especial os cítricos, dos que Del Hoyo nos informa referíndose á vila do Deán: “…Tiene buenas casas y algunas huertas con naranxas y limones, e las naranxas son las mexores de Galicia…”.

Mención especial dentro da economía da época, merecen as actividades mercantís desenroladas fundamentalmente por vía marítima, e que tiñan por obxecto a venda dos excedentes xerados polas labouras mariñeiras e a adquisición de metrcadorías que escaseaban na comarca. Estas actividades poden ratrearse a través dunha teintena de contratos de fletamento e outras escrituras notariais de natureza diversa.

Os promotores do comercio das dúas vilas no S XVI pertencen a un amplo abano social. Os documentos rexistran a presenza de importantes nobres, coma o Capitán Xeral de Galicia, don Diego das Mariñas; mercaderes profesionais coma Martín Torrado, Juan de Bermo ou Miguel González que desenrolan as súas ocupacións mercantís nas últimas décadas do século, ou simple mariñeiros coma Juan de Dios, Domingo Quintas, Antonio Pinaza e outros moitos cuxo nome silencian a miudo os documentos referíndose a eles coma “ mareantes de la villa”. Os labregos quedan en segundo plano, e aparte da venda dos seus produtos en feiras e mercados da bisbarra, o seu papel no comercio limitouse case exclusivamente ó carrexo de viño branco ourensá.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: