A PROSPERIDADE E A ARQUITECTURA CIVIL

Non temos noticias neste século da antiga residencia solariega dos deáns. A antiga fortaleza-pazo, destruida durante a revolta irmandiña de mediados do S XV, non volveu a ser reconstruida a pesares dos esforzos do deán don Pedro de Muros que chegou a entablar pleito contra os veciños da vila para que reedificasen o pazo ás súas espensas.

Tras a sentenza da Real Audiencia dictada o 12 de outubro de 1496, o asunto quedou definitivamente zanxado cun saldo favorable para os veciños.

PAZO TORRE XUNQUEIRAS

PAZO TORRE XUNQUEIRAS

Millor sorte correu a Torre de Xunqueiras. Derribada na mesma época que o pazo dos deáns, sería reconstruida tras a derrota da irmandade por Esteban de Xunqueira, adquirindo os gallardos perfís e lucindo os blasóns que conserva na actualidade.

Finalmente, entre a arquitectura herdada do século anterior, cabe citar o convento de San Antonio, en Santa María do Xobre, onde se trasladara a finais do S XV o antigo cenobio de San Xoán da Miserela.

A finais do S XVI coméntanos del Jerónimo del Hoyo: “ Monesterio de San Francisco: en esta feligresía – o Xobre –está el monesterio de Santo Antonio de frailes franciscos. Tiene doce frailes y es casa de muy gran devoción. Todos ellos

Península do Xobre

Península do Xobre

hacen unna vida muy sancta y toda la tierra tiene con ellos muy gran devoción. Tiene buena huerta y goça de tierra y mar”

Pero será en pleno S XVI cando se dea a febre construtora, e que tanta pegada deixou na fisonomía urbana das dúas vilas. Esta maniféstase en primeiro e principal lugar na arquitectura relixiosa, que debido á súa importancia e repercusión se tratará ampliamente no seguinte artigo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: