A pesca, base económica das localidades do Deán e Caramiñal

A PESCA A BASE ECONÓMICA DAS DÚAS LOCALIDADES

Autor: Daniel Bravo Cores ( Apuntes Históricos I, La Voz de Galicia, 3-9-1991 )

Desde os comenzos da súa andadura histórica iniciada varios séculos atrás, a base fundamanetal da economía das dúas vilas fora inudbidablemente a pesca. O cardenal Del Hoyo, coa inxenuiodade que esporadicamente deixa traslucir nas súas Memorias, dinos: “ Su principio fue de pescadores que venían a pescar pulpos…” aludindo así á invariable relación histórica entre as vilas e o mar.

Coma xa explicamos en anteriores artigos, ambas poboacións participaron da prosperidade conómica coñecida por toda Galicia litoral nops S XIV e XV, e tras a concesión do permiso de carga e descarga de mercadorías por parte do Concello de Padrón á Pobra do Deán” en 1448 –documento exhumado por López Ferreiro, do arquivo da Catedral de Santiago-, as actividades pesqueiras e comerciais das dúas vilas viron considerablemente ensanchados os seus horizontes.

Non é de estarnar, polo tanto, que no S XVI a pesca se siga amosando como a actividade laboral máis importante. Del Hoyo dinos unha vez máis:”…El trato de la gente de pesquería de pescada, congrios, sardinas y pulpos, y la pescada es la mexor de todos los demás puertos de Galicia…”. Estas especies ademáis doutras menos importantes coma chicharros, lenguados e ostras, vólvense a repetir en contratos notariais de todo tipo, e nas testemuñas dos Fieis de pesca ( funcionarios que confeccionaban os Libros de Fielato ). Precisamente pola importancia que acadron estas labouras na economía da época, imos adicarlle a este tema un pouco máis de atención.

A pesca exercitábase en diferentes tipos de embarcacións, ainda que é moi difícil establecer unha clasificación xa que os documentos son pouco explícitos: salvo algunhas mencións expresas de dornas e trincados, o máis frecuente son alusións ambiguas tales coma “barco” ou “lancha”, por exemplo.

Dornas

De todos os xeitos, pódese afirmar que no S XVI a dorna era sen dúbida a máis representaiva das pequenas embarcacións. Como na actualidade, adicábanse prederentemente á pesca do pulpo, congrio, faneca e outras especies menores, e excepcionalmente tamén á sardiña. A súa tripulación estaba composta xeralmente por dúas perosoas, e as máis grandes, que na época eran as maiores de tres brazas, podían ñevar ata tres mariñeiros. O calendario de faena destas pequenas embarcacións iniciábase xeralemente na primavera, “desde Pascua de Flores” e prolongábase ata a fin da época estival:”…Hasta el día de San Miguel en setiembre…” aimnda que na práctica, e en función do bo tempo, podiase adiantar ou retrasar o devandito calendario.

O escribano don Juan Mariño, nunha escritura notarial de 1606, danos conta do aparello e pertrechos das dornas e o seu valor respectivo:”Casco de la dorna, de madera de castaño,88 reales:mástil de madera de pino, 6 reales; dos cuerdasde 16 brazas,8 reales; vela,50 reales; arpeo, 11 reales; gobernallo, 4 reales.”

Polo tanto, o valor real dunha dorna pertrechada e preparada para faenar ascend´ía a 175 reais, cifra considerable posto que equivalía ás gañancias brutas obtidas por un mariñeiro asalariado en dous anos. Existía, non obstante, a posibilidade de alugar unha embarcación deste tipo, tal coma fixeron no 1606 dous mariñeiros de Rianxo, que arrendaron a dorna de Joan Bermo, veciño de Caramiñal, desde o día de Pascua ata San Miguel, abonándolle por ilo 76 reais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: