As vilas do Deán e O Caramiñal estaban gobernadas por señores con absoluto poder.

As vilas do Deán e O Caramiñal estaban gobernadas por señores con absoluto poder.

Impartían xustiza, nomeaban ou destituían funcionarios, gobernadores e párrocos.

Autor: Daniel Bravo Cores ( Apuntes Históricos I, La Voz de Galicia, 3-9-1991 )

Os coñecementos que temos na actualidade sobra a vida cidadán das vilas do Deán e Caramiñal nos últimos séculos do medioevo son limitados debido á escaseza de fontes documentais desa época. Sen embargo, nos primeiros tempos da Idade Moderna aparecen novos e variados documentos que nos permiten desentrañar importantes aspectos da historia das dúas vilas. As valiosas testemuñas do cronista Miguel Joseh González Soldado e Romero, cuxo Informe escrito en 1751 é a columna vertebral da obra de Domínguez Fontán, as memorias do Cardenal don Jerónimo del Hoyo, visitador do arcebispo don Maximiliano de Austria, os documentos notariais do Arquivo de Noia, sobre todo as de Don Juan mariño, e algúns papeis da Facenda do Arquivo Xeral de Simancas.

PAZO TORRE XUNQUEIRAS
PAZO TORRE XUNQUEIRAS

Do réxime xurídico-administrativo e da organiozación municipal de ambos burgos no S XVI non nos imos ocupar, posto que xa o fixemos en anteriores artigos. Baste lembrar simplemente que se trataba de dúas vilas de señorío eclesiástico e que pertencían unha aos señores deáns da catedral de Santiago e a outra ao Mosteiro se San Martín Pinario que, por medio dun foro, delegara o señorío da “ Vila y Jurisdicción del Caramiñal” nos titulares da Casa de Xunqueiras.

Estes señores exercían a súa autoridade nas súas respectivas vilas, impartían xustiza, nomeaban oui destituían a funcionarios e gobernantes locais – no caso da vila do Deán, co rferndo dos veciños -, nomeaban párrocos …unha vez nomeados, cada un desempeñaba as súas funcións dentro dos límites de cada vila sen interferir na outra, tal como relata o Cardenal Del Hoyo: “ Esta villa del Caramiñal estña continuada con la de la Puebla del Deán, que sólo un cricero las divide, y asta (allí) llegan los jueces con sus varas, y en ( él ) las dexan para pasar de una jurisdicción a otra”.

As fontes para o estudio da poboación, ainda que non moi abundantes, permítennos esbozar algunhas pinceladas significativas. A finais do S XVI vivían no núcleo urbano composto pñolas vilas do Deán e Caramiñal-Xobre ( por aqueles tempos constituían unha soa feligresía), un total de 550 veciños ou cabezas de familia, que suporían unha poboación total preto os dous millares de habitantes, considerable para a época.

Sen embargo, ao igual que comprobei ao estudar a vila de Noia, a documentación indica sen lugar a dúbidas que, ao longo deste século, a poboación chegara a niveis superiores ás cifras que indican os documentos das postrimerías da centuria. Así, en 1607 o cardenal Del Hoyo fala do pasado esplendor das dúas vilas, para subliñar a continuación: “… Pero ya todo es pobreça la qual se ha causado, parte por haber faltado la pesca del mar,y parte por los pleitos y disensiones que entre sí han traído y traen los vecinos de dicha villa…” Esta mesma conclusión dedúcese do pleito promovido polos vecinos do Caramiñal contra os do Maño, rexistrado polo escribano don Juan Mariño no ano 1604. O motivo da discordia foi o reparto do Servizo Ordinario e Extraordinario, imposto consistente nuha cantidade fixa que cada poboación pagaba á Facenda Real cada tres anos. Na Xurisdicción de Xunqueiras e vila do Caramiñal, o importe destes tributos ascendía a 8.112 maravedís que se repartían aportando os veciños do Couto do Maño a cuarta parte e os do Caramiñal a porción restante.

Sen embargo, ao ir menguando a poboación da vila, e con ilo o número de contribuintes, mentres permanecían fixas

IGREXA SANTIAGO DO DEÁN

as cantidades a ingresar no Tesouro, os veciños do Caramiñal víronse obrigados a pagar sumas maiores por este tributo. Por ilo, en 1604 intentaron que a contía asignada á feligresía Xobre-Caramiñal se repartira individual e equitativamente entre todos os veciños, o que supoñía a ruptura da tradición do reparto proporcional. O documento di de modo textual: “… que por cuanto entre esta villa (Caramiñal )y sus vecinos, y el dicho Coto del Maño hay diferencia sobre la paga del Servicio Ordinario y Extraordinario, porque dicen los vecinos de la villa que el repartimiento de los servicios se ha de hacer a Calle-Yta ( es decir, vecino por vecino) con el Coto del Maño por ser partido de la dicha villa sin embargo de qualquier costumbre que asta ahora haya existido, por haber venido la dicha villa, vecinos, trato e caudal en dismiunución y hestado de pobreza, y los vecinos del dicho Coto dicen que sólo deben aportar la cuarta parte…” Á marxe do acordo final ao que chegaron ambas partes, parece claro que á altura do ano 1604 os bos tempos xa pasaran.

 

Advertisements

Unha resposta

  1. Soy descendiente de Miguel J. González-Soldado, y me encanta saber que alguien en mi familia ha dejado una huella en la historia local. Tengo una duda respecto a sus orígenes, ¿de dónde era exactamente? ¿Deán? ¿Pobra do Caramiñal? Tengo anotado que quizá su madre fuese de Muros, emparentada con los Martínez de aquel lugar, pero no estoy seguro. Saludos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: